Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!

domingo, 30 de enero de 2011

DETERMINANTES DEMOSTRATIVOS

"Espero que me deixe pasar a noite aquí, despois de probar a cama de Ester non teño ningunhas ganas de volver ás camas do albergue. Podo durmir aquí esta noite e mañá xa me recollerá miña mai."
A palabra de cor verde é un determinante demostrativo. Queres coñecer máis? Preme na fotografía.

DESCRIBIMOS A TOÑITO



"O simpático baixiño chámase Toñito, ten dez anos, e é o fillo de Ester."
Xa imos polo capítulo III da historia e coñecemos moitas cousas sobre Toñito así que, imos pintalo ó noso gusto e logo describirémolo según o seu aspecto físico e a súa forma de ser.
Preme na fotografía. Hoxe tamén repasaremos as clases de palabras que levamos estudadas e analizaremos algunhas frases.

PREPARÁNDONOS PARA UNHA AVALIACIÓN

"...alargó de repente hacia fuera la mano, con ademán de atraparlo en el aire."
O Coello Branco caeu enriba dun invernadoiro de cristal no que había pepinos plantados.
Cada cristal do invernadoiro é un polígono. Os pepinos cortados en rodaxas son círculos...
Que che parece si repasamos antes de facer o exame desta unidade?
Preme na fotografía.

miércoles, 26 de enero de 2011

UN REPASIÑO

Os debuxos que aparecen na fotografía corresponden a substantivos individuais e colectivos. Saberías diferencialos?
Imos repasar un pouco de todo. Se non recordas algún concepto podes repasar os "lembra" que tes copiados no teu caderno.
Preme na fotografía e... mans á obra!

ANALIZAMOS ORACIÓNS

Agora que sabemos diferenciar o suxeito do predicado, e coñecemos algunhas clases de palabras: verbos, substantivos, adxetivos e artigos, imos aprender a analizar oracións.
Comezaremos por copiar algunhas da historia do "Bebé máxico". Preme na fotografía e analiza no teu caderno.

OS POLÍGONOS. OS SEUS ELEMENTOS



"Seguía aún creciendo y sacó un brazo por la ventana y metió un pie en la chimenea..."
Co contorno dunha ventá, dunha chimenea e dalgún obxecto máis, explicaremos o que é un polígono e cales son os seus elementos.
Preme na fotografía para aprender estes conceptos.

REPASAMOS OS ELEMENTOS DA CIRCUNFERENCIA

"Antes de haberse bebido la mitad de la botella notó que el techo la oprimía en la cabeza y se tuvo que inclinar para no romperse el cuello..."
Alicia volveu a beber dunha botella e comezou a medrar de novo. Fíxate ben na botella, que forma ten a súa base?... Ben, é redonda. Imos debuxar cun compás unha circunferencia similar e repasaremos as partes da circunferencia e o círculo.
Preme na fotografía para facer a tarefa.

domingo, 16 de enero de 2011

ESCRIBIMOS UN CONTO

Agora tócanos a cada un de nós escribir un conto. Cando a familia de Antonio e Ester foi durmir, os fillos tiveron uns soños marabillosos: Toniño era dianteiro centro da selección galega de fútbol e Raquel estaba cativa nunha torre agardando que o seu amado a rescatara...
...Pero, que soñou o "bebé máxico"? Parece ser que coa lámpada... Atréveste a narrar o seu soño? Bota man da túa imaxinación e... adiante!

OS ARTIGOS

Ester e Antonio están preocupados polos novos acontecementos... Sabes cales son? Pois imos ler o capítulo II do libro "O bebé máxico".
Logo, preme na fotografía para aprender os artigos e como recoñecelos. Aproveitaremos este capítulo para localizalos e estudar a súa concordancia co nome ó que acompañan.

SITUACIÓN DE OBXECTOS NO ESPAZO

"...un cuartito muy aseado, con una mesa junto a la ventana, sobre la cual había un abanico y dos o tres pares de diminutos guantes blancos..."
Entremos con Alicia na habitación da casa do Coello Branco e axudémoslle a localizar non só o abanico e os guantes senón tamén outros obxectos. Valerémonos de expresións como: "enriba de", "debaixo de", "á dereita de"...
Preme na fotografía para facer a tarefa de hoxe.

jueves, 13 de enero de 2011

Na piscina


O martes 11 de xaneiro fomos á piscina de Cee. Fixemos un montón de actividades guiados polos monitores. Acabamos moi cansados pero mereceu a pena.
Se queres ver os nosos progresos mergúllate neste vídeo.

sábado, 8 de enero de 2011

REPASAMOS CONCEPTOS

Que adxetivo usarías para describir este tren?
Imos reforzar os conceptos que aprendemos esta semana: adxetivos (xénero e número), e partes das oracións (suxeito e predicado)
Preme na fotografía para ver a ficha.

OS ADXETIVOS

Seguimos no capítulo I, e agora imos localizar adxetivos.
Presta moita atención porque non só buscaremos adxetivos, senón tamén os substantivos ós que acompañan.
Preme na fotografía para copiar no caderno as actividades de hoxe.

A DESCRICIÓN DE PERSOAS

Quen é ese home cunha pinta un pouco rara? ...Por que vai vestido cuns farrapos ruíns e vellos?
Fixándonos neste personaxe do conto, aprenderemos a describir persoas.
Preme na fotografía para averiguar os pasos que debemos dar para facer a descrición.

SUXEITO E PREDICADO

Durante varias semanas traballaremos con esta historia do X. Henrique Rivadulla "Corcón": "O bebé máxico".
Que acontece cando un bebé chega a unha casa e todo o que funcionaba mal comeza a funcionar ben? O normal é que todos pensen que o recén chegado sexa máxico.
Hoxe leremos o primeiro capítulo, e despois de comprobar que o comprendimos, buscaremos o suxeito e predicado de algunhas oracións.
Preme na fotografía para ver o traballo.

REFORZANDO CONCEPTOS

Alicia e o Coello Branco teñen algún "problemiña" pendente e precisan unha solución.
Bótalles unha man axudándoos a facer uns cálculos xa que non se acordan se teñen que sumar, restar, multiplicar ou dividir.
Preme na fotografía e... adiante!

DESPRAZAMENTOS NO PLANO


Alicia llegó ante una casita muy limpia en cuya puerta había una placa de bronce con un nombre grabado: "C.BLANCO".
Queres saber que percorrido fixo Alicia para chegar á casa do Coello Branco?
Utilizando expresións "2 cadros á dereita" ou "3 cadros cara arriba" chegaremos á casiña.
Preme na fotografía para ver o plano completo. Esta actividade non a imos facer na libreta senón nun documento de word. Para iso crearemos unha conta de gmail á que a mestra vos enviará a ficha.

A SITUACIÓN NO PLANO

O Rato foise enfadado, e os demais animais tamén deixaron soa a Alicia alonxándose do lago.
Imos situalos nun plano de coordenadas para saber a onde chegaron e así, de paso aprenderemos a orientarnos.
Preme na fotografía e averigua onde están o "Loro", o "Canario" e a "Urraca".

domingo, 2 de enero de 2011

FESTIVAL DE NADAL


Aquí podedes ver unhas fotografías das actuacións de 4º no Festival de Nadal.
Arancha, a nosa titora, estivo ensaiando con nós para poder amosar este traballo.
Grazas, profe.