Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!

lunes, 25 de abril de 2011

REPASAMOS GRAMÁTICA

"Meu amor é mariñeiro

e vive no alto mar,

son os seus brazos o vento

ninguén llos pode amarrar"

Así comeza unha canción do grupo "Fuxan os Ventos". Lerémola, escoitarémola e ademais de comentar o seu contido repasaremos conceptos gramaticais que fomos aprendendo ó longo do curso: substantivos, adxetivos, determinantes, pronomes persoais...

Preme na fotografía. Nela atoparás, ademais das actividades, o enlace para escoitar a cantiga.

AS CONXUGACIÓNS VERBAIS

"Abril, cando malo quere vir, nin as portas deixa abrir"

Xa que estamos no mes de abril imos razonar este refrán popular para ver se se adapta ó tempo desta época do ano.

Tamén localizaremos os verbos e averiguaremos a que conxugación pertencen.

Preme na fotografía para copiar as actividades.

PRONOMES PERSOAIS

Esta é a Biblioteca de Laxe. Imos ler na prensa dixital unha noticia sobre ela e veremos como moitos nomes poden substituírse por pronomes persoais.

Preme na fotografía e verás o enlace para entrar nesta nova da Voz de Galicia.

PRACTICANDO A DIVISIÓN POR DÚAS CIFRAS



"Alicia pensó que nunca había visto un campo de croquet más curioso: estaba lleno de zanjas; erizos y flamencos vivos hacían de bolas y mazos..."

Esta é unha maneira moi curiosa de xogar ó croquet. Imos repartir logo os flamengos e ourizos entre os xogadores. Lembras que xa aprendemos a dividir por dúas cifras? Se aínda non estás moi seguro repasa os apuntes do día anterior.

Preme na fotografía para facer a tarefa de hoxe.

DIVISIÓNS POR DÚAS CIFRAS

Todos os naipes que compoñían a baralla, o Coello Branco e Alicia van xogar unha partida de croquet. Para iso é necesario facer equipos, así que teremos que repartir...

...xa sei que sabedes facer divisións por unha cifra, pero por dúas?

Preme na fotografía e imos aprender.

GRÁFICOS: RECOLLIDA E REPRESENTACIÓN DE INFORMACIÓN

"Primero llegaron diez soldados, tenían la misma forma que los tres jardineros; luego venían diez cortesanos, todos adornados de diamantes; seguían los infantes, diez en total..."

Así enumera o autor a comitiva real que acompañaba á Raíña de Corazóns. Imos seleccionar a información que precisamos para saber que persoas formaban a comitiva e cantas eran de cada grupo. Logo representaremos os datos nunha gráfica.

Preme na fotografía para saber como se fai unha táboa de datos e unha gráfica de barras.

lunes, 18 de abril de 2011

Oleiros de Buño

O día 29 de marzo, Pepe e Xulio, dous oleiros de Buño visitaron o noso colexio e explicáronnos como se traballaba co barro. Deixáronnos usar o torno e cuns moldes fixemos unhas figuriñas para levar para casa. Foi un obradoiro moi entretido. Grazas á ANPA pola iniciativa e colaboración.

miércoles, 13 de abril de 2011

VALOR DA POSICIÓN DAS CIFRAS

Sete, Cinco e Dous manteñen unha conversa disparatada mentras pintan as rosas dunha roseira.

Sabías que esas cifras (7, 5 e 2) poden ter distinto valor según a súa posición nun número?

Non é o mesmo ocupar o lugar das unidades que o das centenas de millar.

Preme na fotografía para lembrar a posición das cifras e a lectura dos números. Tamén poderás repasar outros conceptos: rectas, azar e probabilidade, polígonos, ángulos, perímetro...

MEDIMOS ÁNGULOS

"Uno de los árboles tenía una puerta que conducía directo a su interior."

Saberías localizar os ángulos dunha porta? E se está aberta, poderías indicar que ángulo forma?

Preme na fotografía e coa axuda do transportador aprenderás a medir ángulos.

domingo, 10 de abril de 2011

PALABRAS CON S, X


Quen será este ser "doutro mundo"? É o robot de Ricardo.

Queres saber quen son?

Pois atende ben ó ditado e logo, ti mesmo, poderás inventar parte da súa historia.

Ah!! Ten coidado co S e co X, non te vaias equivocar con estes sons tan parecidos.

PALABRAS COMPOSTAS

Sabes como se chama este obxecto?...


Crebanoces.


Esta palabra chámase composta porque está formada por dúas: creba + noces.

Preme na fotografía para coñecer e formar máis palabras deste tipo.

ÁNGULOS

"Toda clase de cosas..., todas las que empiezan con M..."
Así continuaba o conto que narraba o Leirón. Fíxate na letra M. Cando se cruzan as liñas forman ángulos.

Sabías que hai tres tipos de ángulos?

Preme na fotografía para ver a clasificación e facer actividades.

domingo, 3 de abril de 2011

TRASLACIÓN

Alicia e os seus amigos siguen tomando o té nunha merenda de tolos. Agora van cambiar a súa situación na mesa: o Sombreireiro avanzará unha silla, o Lirón ocupará o sitio do Sombreireiro, a continuación sentará Lebre de Marzo e por último Alicia ocupará a silla que deixa a Lebre. Todos eles fixeron unha traslación, é decir, trasladáronse un posto.

Se premes na fotografía, atoparás un debuxo nunha cuadrícula. Serías capaz de trasladalo un cadro á dereita? Inténtao.

CONOS, CILINDROS E ESFERAS

Sobre a mesa onde Alicia, a Lebre, o Lirón e o Sombreireiro toman o té, hai tazas, teteiras, azucreiros, pasteliños, doces...

Se che poño varios detalles de elementos da mesa, saberías decir a que corpo redondo se parece? Proba premendo na fotografía.

Tamén aproveitaremos para repasar as horas no reloxo dixital e analóxico.

CORPOS REDONDOS

Alicia xa está coa Lebre de Marzo e o Sombreireiro tomando o té.

Fíxate no sombreiro de copa do Sombreireiro. Que forma ten?

Ten forma de cilindro. O cilindro é un corpo redondo. Preme na fotografía para descubrir outros corpos redondos.

SIMETRÍAS

O Gato de Cheshire aparecía e desaparecía cosntantemente. Imaxínaste como podía ir difuminándose a súa cara? Comezaría a desaparecer por un extremo do seu sorriso, un ollo, metade do fuciño... continuando ata o outro extremo da cara.

Se temos en conta que a súa cara é simétrica, poderías reconstruír a metade que desapareceu? Preme na fotografía para intentalo.