Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!

martes, 31 de mayo de 2011

LEMOS A PRENSA

O proxecto "Saboreando Galicia desde Muxía" logra unha excelente acollida.

Este é o titular dunha noticia que saiu onte no xornal "La Voz de Galicia". Imos lela para averiguar que tipo de proxecto é, quen colabora nel e quen pode participar.

Ademais, localizaremos verbos e preposicións. Preme na fotografía para ter toda a información que precisas. Se queres acceder directamente ó xornal dixital, preme aquí.

ANTEPRETÉRITO E FUTURO

Lembras que onte aprendimos a conxugar o presente, copretérito e pretérito? Pois hoxe continuaremos co antepretérito e futuro.

Preme na fotografía. Utilizando unha estrofa do poema "No Monte Corpiño" conxugaremos un verbo e localizaremos adxetivos e contraccións.

PROBLEMAS

A Falsa Tartaruga explícalle a Alicia como se baila unha danza característica do seu mundo. No baile poden participar tartarugas, salmóns, focas... e cada un destes animais deberá ter como parella a unha langosta.

Sabendo as tartarugas, salmóns e focas que hai, poderías calcular cantas langostas deben bailar? E o total de bailaríns? Se algún abandona a danza por cansancio... saberías decir cantos quedan?

Estas e outras cuestións poderás solucionalas premendo na fotografía.

domingo, 29 de mayo de 2011

A CONXUGACIÓN VERBAL

Seguimos traballando cos verbos. Imos aprender a conxugalos en presente, copretérito, pretérito...


Pero antes diso faremos un ditado. Ollo coas faltas de ortografía! Ten coidado co "h".


Cando rematemos o ditado, premeremos na fotografía para corrixilo e facer as actividades de hoxe.

UN REPASIÑO

Na escola da Falsa Tartaruga ían a clase 10 horas o primeiro día, 9 o segundo, 8 o terceiro e así sucesivamente...

Saberías calcular cantas horas irían á escola durante 10 días?


Fixácheste na forma dos polígonos do ventre da Tartaruga? Como se chaman? Poderías calcular o seu perímetro se sabes a medida dun lado?


Estas e outras actividades as atoparás premendo na fotografía.

jueves, 26 de mayo de 2011

OPERACIÓNS CON NÚMEROS

A Falsa Tartaruga cóntalle a Alicia a súa experiencia na escola e fálalle das clases e do que aprendía nelas, como as distintas ramas da aritmética: Ambición, Distracción, Multicomplicación e Diversión.


Saberías decir a que operacións se refire a Falsa Tartaruga?


Preme na fotografía e poderás averiguar algo máis.

lunes, 23 de mayo de 2011

NO MONTE CORPIÑO

Esta fotografía mostra unha vista de Muxía desde o alto do Monte Corpiño. Esta mole de granito inspirou a Gonzalo López Abente para escribir un poema: "No monte Corpiño".


Durante varios días imos traballar con este poema. Hoxe, para empezar, copiarémolo mediante un ditado e localizaremos os verbos para averiguar en que tempo están. Preme na fotografía para facer as actividades.

domingo, 22 de mayo de 2011

MÁIS DE NÚMEROS ROMANOS

O Grifo levou a Alicia a visitar á Falsa Tartaruga. Ti sabes que idade poden chegar a ter as tartarugas?... Centos de anos!

Saberías escribir con números romanos a idade da tartaruga que foi a mestra da Falsa Tartaruga? Preme na fotografía para intentalo.

NÚMEROS ROMANOS

Hoxe comezamos un novo capítulo, o IX. Fixácheste como está escrito? Cunhas letras maiúsculas. Este tipo de numeración foi usada polos romanos, de aí que os coñezamos como números romanos.

Preme na fotografía e aprenderás que letras se usan para escribir números romanos e cal é o seu valor.

lunes, 9 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO

Iste é Lois Pereiro, o autor ó que se lle adican este ano as Letras Galegas.

Hoxe imos investigar sobre a súa vida e obra.


Décheste conta de que hai uns días están colocados uns carteis del no corredor do colexio? Pois imos saír da aula para lelos con calma e aprender algo sobre este autor.


Para completar o noso traballo, faremos unhas actividades do Seminario Galán (cuxo enlace atoparás premendo na fotografía).

MÁIS DE DIVISIÓNS POR DÚAS CIFRAS

"La Reina alegaba que, si no se tomaba inmediatamente una determinación, haría ejecutar a todo el mundo."


A Raíña de Corazóns pasou o partido de croquet ameazando con cortarlle a cabeza a todos os participantes. Sabías que Alicia chegou a contar 15 veces esa expresión en 60 minutos?


Preme na fotografía para averiguar cada cantos minutos a Raíña mandaba executar a alguén. Tamén poderás resolver contas de dividir un pouco máis complicadas.

martes, 3 de mayo de 2011

ESCRIBIMOS UNHA NOTICIA



Xa hai uns días que comezaron as obras de reforma do colexio. Imos aproveitar esta circunstancia para escribir unha noticia.

Fíxate ben nas pautas que debes seguir e pon atención na lectura dos enunciados.

Preme na fotografía para saber como organizar o teu traballo.

MÁIS SITUACIÓNS PROBLEMÁTICAS

4/8 do campo de croquet son pedras, 2/5 do mesmo están ocupados por arcos...

Lembras como se representaban as fraccións?

Preme na fotografía e poderás tamén resolver problemas sobre os ourizos e sobre o tempo que precisou Alicia para prepararse antes de comezar a xogar.

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS

Problema é o que ten Alicia para nesta partida de croquet: todos xogan á vez sin esperar quenda, discuten entre si, peléxanse polos ourizos... en que acabará isto?

Pobre nena! Pasou parte do tempo colocando ó flamenco..., buscando o ourizo... sabes cantos minutos poido xogar finalmente?

Para resolver estas e outras cuestións, preme na fotografía.

TEMPOS VERBAIS

Agora que xa sabemos localizar os verbos, imos averiguar en que tempo poden estar.

Hoxe traballaremos cunha noticia da edición dixital da Voz de Galicia na que, ademais de analizar o seu titular e contido, buscaremos os verbos e e indicaremos o seu tempo, persoa e número.

BALEIRADO DO EDIFICIO DA AMPLIACIÓN



Estamos en obras. Por fin chega a esperada reforma do centro que mellorará as nosas instalacións.

O venres 8 de abril, baleiramos o Edificio da Ampliación, reubicando todo o seu material e mobiliario no Edificio Principal. Para iso contamos coa colaboración do Concello (que nos enviou ós seus operarios), as titoras de 4º e 6º, e a conserxe do centro.

A todos vós, moitas grazas pola vosa colaboración.