Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!

jueves, 16 de junio de 2011

MÁIS PROBLEMAS

O xuízo está a piques de rematar, a Raíña pide a cabeza de Alicia, Alicia recupera o seu tamaño normal, as cartas... que pasou coas cartas? Por que están voando?

Preme na fotografía se queres coñecer o final da historia e de paso practicar a resolución de problemas.

miércoles, 15 de junio de 2011

PROBLEMAS CON MOEDAS

O xuízo continúa, sin embargo as declaracións non están demasiado claras. Alicia ofrece 6 peniques ó xurado se son capaces de explicar o contido dun escrito.


Sabes o que é un penique? Preme na fotografía para resolver algunhas cuestións sobre moedas.

lunes, 13 de junio de 2011

LONXITUDE

Agora tócalle a Alicia prestar declaración. Que dirá?

Lembra que estaba medrando e a súa estatura comeza a preocupar ó xurado e ó Rei.

O Rei chegou a pensar que Alicia medía máis de un quilómetro. Realmente pode medir esa lonxitude unha persoa?

Preme na fotografía para repasar o tema das unidades de lonxitude.

domingo, 12 de junio de 2011

CORPOS XEOMÉTRICOS, CUADRILÁTEROS, CÁLCULO...

O seguinte testigo era a cociñeira da Duquesa. Fíxate na fotografía e nos naipes que ten detrás. Recoñeces nalgún deles unha figura que é un cuadrilátero? Lembras o seu nome? Poderías decir se é paralelogramo ou non?


Para coñecer a declaración da cociñeira e resolver as cuestións enunciadas anteriormente, preme na fotografía.

jueves, 9 de junio de 2011

QUE QUEREMOS SER DE MAIORES?

Hoxe imos falar das vantaxes e inconvenientes do oficio de oleiro. Para iso faremos un ditado e logo lembraremos a nosa experiencia traballando co barro cando os oleiros de Buño visitaron o noso colexio.

Ollo! Non te despistes coa ortografía. Tamén teremos ocasión de localizar adverbios e seguir conxugando verbos.

Preme na fotografía.

NÚMEROS ROMANOS, REPARTOS, CORPOS REDONDOS...

O primeiro testigo era o Sombreireiro e estaba un pouco nervioso. Non lembraba o que pasaba e non era capaz de contestar axeitadamente ás preguntas do Rei.


Fíxate no seu sombreiro, a que corpo se parece?

Como é un sombreireiro vende sombreiros, saberías repartir unha cantidade deles entre varias persoas?

Na man leva unha taza con té, se che digo a cantidade que leva... poderías calcular o té que haberá en 6 tazas?

Estas e outras actividades poderás atopalas se premes na fotografía.

lunes, 6 de junio de 2011

OS ADVERBIOS

Hoxe imos falar de adverbios. Que é iso?

Son palabras invariables que non teñen xénero nin número e poden ser de tempo, lugar...

Para que sexa máis fácil imos localizalos nun texto. Neste caso será unha noticia da Voz de Galicia.

Preme na fotografía para poñerte ó día.

O ESPAZO, A MASA, FRACCIÓNS...

O xuízo ía comezar. O Rei e a Raíña de Corazóns presidían a sala onde estaba a Sota de Corazóns (culpable de roubar unhas tartas), dous soldados, o xurado e o Coello Branco.

Imos situar todos estes elementos nun plano axudándonos de coordenadas.

Traballaremos as unidades de masa e as fraccións utilizando as tartas.

Preme na fotografía para poder facer as actividades.

domingo, 5 de junio de 2011

MÁIS NÚMEROS ROMANOS

A Falsa Tartaruga ía comezar outra canción cando se escoitou unha voz forte que berraba: "Que comece o xuizo!".

Un montón de personaxes querían presenciar o xuizo e debían repartirse en 12 gradas. Saberías calcular cantas persoas poderán colocarse en cada grada?


Ademais, imos aprender a escribir números romanos nos que, en vez de sumar, precisamos restar. Preme na fotografía.

LEMBRAMOS...

"-¡Ah!, hablando de pescadillas -dijo la Falsa Tortuga-, ellas..., tú, naturalmente ¿las has visto?

-Creo que si -contestó pensativamente Alicia-. Tienen la cola en la boca..."


Fíxate nesta pescadilla, que forma ten? Poderías trazar sobre ela os elementos da circunferencia?


Estas e outras actividades poderás atopalas se premes na fotografía.

martes, 31 de mayo de 2011

LEMOS A PRENSA

O proxecto "Saboreando Galicia desde Muxía" logra unha excelente acollida.

Este é o titular dunha noticia que saiu onte no xornal "La Voz de Galicia". Imos lela para averiguar que tipo de proxecto é, quen colabora nel e quen pode participar.

Ademais, localizaremos verbos e preposicións. Preme na fotografía para ter toda a información que precisas. Se queres acceder directamente ó xornal dixital, preme aquí.

ANTEPRETÉRITO E FUTURO

Lembras que onte aprendimos a conxugar o presente, copretérito e pretérito? Pois hoxe continuaremos co antepretérito e futuro.

Preme na fotografía. Utilizando unha estrofa do poema "No Monte Corpiño" conxugaremos un verbo e localizaremos adxetivos e contraccións.

PROBLEMAS

A Falsa Tartaruga explícalle a Alicia como se baila unha danza característica do seu mundo. No baile poden participar tartarugas, salmóns, focas... e cada un destes animais deberá ter como parella a unha langosta.

Sabendo as tartarugas, salmóns e focas que hai, poderías calcular cantas langostas deben bailar? E o total de bailaríns? Se algún abandona a danza por cansancio... saberías decir cantos quedan?

Estas e outras cuestións poderás solucionalas premendo na fotografía.

domingo, 29 de mayo de 2011

A CONXUGACIÓN VERBAL

Seguimos traballando cos verbos. Imos aprender a conxugalos en presente, copretérito, pretérito...


Pero antes diso faremos un ditado. Ollo coas faltas de ortografía! Ten coidado co "h".


Cando rematemos o ditado, premeremos na fotografía para corrixilo e facer as actividades de hoxe.

UN REPASIÑO

Na escola da Falsa Tartaruga ían a clase 10 horas o primeiro día, 9 o segundo, 8 o terceiro e así sucesivamente...

Saberías calcular cantas horas irían á escola durante 10 días?


Fixácheste na forma dos polígonos do ventre da Tartaruga? Como se chaman? Poderías calcular o seu perímetro se sabes a medida dun lado?


Estas e outras actividades as atoparás premendo na fotografía.

jueves, 26 de mayo de 2011

OPERACIÓNS CON NÚMEROS

A Falsa Tartaruga cóntalle a Alicia a súa experiencia na escola e fálalle das clases e do que aprendía nelas, como as distintas ramas da aritmética: Ambición, Distracción, Multicomplicación e Diversión.


Saberías decir a que operacións se refire a Falsa Tartaruga?


Preme na fotografía e poderás averiguar algo máis.

lunes, 23 de mayo de 2011

NO MONTE CORPIÑO

Esta fotografía mostra unha vista de Muxía desde o alto do Monte Corpiño. Esta mole de granito inspirou a Gonzalo López Abente para escribir un poema: "No monte Corpiño".


Durante varios días imos traballar con este poema. Hoxe, para empezar, copiarémolo mediante un ditado e localizaremos os verbos para averiguar en que tempo están. Preme na fotografía para facer as actividades.

domingo, 22 de mayo de 2011

MÁIS DE NÚMEROS ROMANOS

O Grifo levou a Alicia a visitar á Falsa Tartaruga. Ti sabes que idade poden chegar a ter as tartarugas?... Centos de anos!

Saberías escribir con números romanos a idade da tartaruga que foi a mestra da Falsa Tartaruga? Preme na fotografía para intentalo.

NÚMEROS ROMANOS

Hoxe comezamos un novo capítulo, o IX. Fixácheste como está escrito? Cunhas letras maiúsculas. Este tipo de numeración foi usada polos romanos, de aí que os coñezamos como números romanos.

Preme na fotografía e aprenderás que letras se usan para escribir números romanos e cal é o seu valor.

lunes, 9 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO

Iste é Lois Pereiro, o autor ó que se lle adican este ano as Letras Galegas.

Hoxe imos investigar sobre a súa vida e obra.


Décheste conta de que hai uns días están colocados uns carteis del no corredor do colexio? Pois imos saír da aula para lelos con calma e aprender algo sobre este autor.


Para completar o noso traballo, faremos unhas actividades do Seminario Galán (cuxo enlace atoparás premendo na fotografía).