Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!

domingo, 13 de marzo de 2011

ERA UNHA FOLLA

Este é o título dun poema de Gonzalo López Abente que comeza así:

"Era unha folla muchada
barrida do vendaval..."
Para ler a poesía completa, traballar sobre o seu contido e analizar algunhas das súas palabras, preme na fotografía. Tamén faremos unha descrición da folla do carballo.

miércoles, 9 de marzo de 2011

OS NOSOS POETAS


Xa que estamos no mes da poesía, imos coñecer a dous poetas galegos: Gonzalo López Abente e Rosalía de Castro.
Investigaremos sobre a súa vida e cales son as obras máis coñecidas. Seleccionaremos algúns poemas e aprenderemos a recitalos.
Serías capaz de aprender algún fragmento de memoria?
Primeiro imos buscar datos relevantes da súa vida. Para iso podes premer nas fotografías dos poetas. Para saber que datos debes anotar, preme aquí e logo vainos escribindo no teu caderno.






LEMOS FRACCIÓNS

Despois de comer da seta, Alicia medrou de novo e o seu pescozo adquiriu un tamaño impresionante por enriba das copas das árbores. Tal era a lonxitude do seu pescozo que unha pomba confundiuno cunha serpe.
Que che parece se aproveitamos o pescozo de Alicia para dividilo en partes iguais e representar nel algunhas fraccións? Tamén aprenderemos a lelas.
Preme na fotografía e... a traballar!

martes, 8 de marzo de 2011

ANTROIDO


O venres 4 de marzo celebramos o antroido no colexio. Disfrazámonos de seres doutros mundos, desfilamos, xogamos e comimos un montón de larpeiradas que fixeron as nosas familias.
Disfruta con nós vendo estas imaxes.

AS NOSAS MASCOTAS


Xa fixemos o D.N.I. das nosas mascotas.
Primeiro describímolas, tendo en conta o seu aspecto físico e a súa forma de ser.
Tamén explicamos como chegaron ás nosas mans e que relación temos con elas.
Finalmente pegamos unha fotografía para que as coñezades mellor: unha imaxe vale máis que mil palabras.
Esperamos que che guste o noso traballo.

viernes, 4 de marzo de 2011

FACENDO UNHA MÁSCARA


Queres ver como elaboramos a máscara do gato de Cheshire?
Preme no vídeo para averigualo.

OPINAMOS SOBRE "O BEBÉ MÁXICO"


Hai uns días rematamos de ler "O bebé máxico". Gustounos moito e queremos facer públicas as nosas opinións. Deste xeito tamén traballamos a expresión oral. Ademais, ó estar por parellas, puxémonos dacordo para non contar os dous o mesmo, aprendemos a respectar o turno de palabra e comprendemos que debemos estar calados cando falan os demais para escoitar o que din e enriquecernos coas súas palabras. Así todos aprendemos de todos.