Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!

jueves, 24 de marzo de 2011

OS INDEFINIDOS

Así vemos na actualidade a Romería da Virxe da Barca. Queres saber como a relatou Rosalía de Castro?
Preme na fotografía e poderás ler un fragmento da poesía que esta autora adicou á Romería que se celebra no mes de setembro en Muxía.
Ademais, aprenderemos cales son os determinantes indefinidos.

A CENTÉSIMA

Alicia está na casa da Duquesa. Fíxate no chan da cociña, está formado por cen baldosas, así que cada unha delas é unha centésima. Preme na fotografía para seguir traballando con números decimais.

UNHA MAÑÁ NA PISCINA


O alumnado de 1º, 2º e 4º de Primaria fomos o martes 22 de marzo á piscina de Cee.
Axudados polos profes que nos acompañaron e por dous monitores fixemos un montón de actividades. Podes velas todas neste vídeo.

miércoles, 23 de marzo de 2011

A DÉCIMA

"...y, de vez en cuando, un fuerte estallido, como si una fuente o una cazuela se hubieran hecho añicos."
Qué sucede se unha cazola rompe en 10 cachiños iguais? Pois que cada un deles é unha décima.
Imos comezar a traballar con números decimais. Atréveste? Pois preme na fotografía.

lunes, 21 de marzo de 2011

APRENDEMOS A DEFINIR

Imos definir palabras, pero sen usar o diccionario. Para comezar leremos unha cantiga típica de Muxía e comentarémola... A que se parece? Que idea nos transmite? Que elementos propios dun pobo mariñeiro atopamos?...
Logo aproveitaremos algúns substantivos desa canción para practicar a definición.
Preme na fotografía do diccionario e... adiante.

domingo, 13 de marzo de 2011

CORPOS XEOMÉTRICOS

"Alicia se quedó durante unos minutos observando la casa cuando de pronto un lacayo, con cara de Pez, salió del bosque y dio con los nudillos unos golpes en la puerta."
A casa está construída con corpos xeométricos. Aprenderemos a recoñecer prismas e pirámides en varios edificios. Preme na fotografía para aprender as súas características. Tamén mediremos un sobre para calcular o seu perímetro.

LIÑAS, POLÍGONOS, FRACCIÓNS...

"Mientras así pensaba, Alicia llegó a un claro con una casita de un metro veinte de alto."
Esta casa vainos sevir para buscar clases de liñas, polígonos e calcular perímetros. Preme na fotografía para reforzar os contidos das últimas semanas.