Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!

domingo, 10 de abril de 2011

PALABRAS CON S, X


Quen será este ser "doutro mundo"? É o robot de Ricardo.

Queres saber quen son?

Pois atende ben ó ditado e logo, ti mesmo, poderás inventar parte da súa historia.

Ah!! Ten coidado co S e co X, non te vaias equivocar con estes sons tan parecidos.

PALABRAS COMPOSTAS

Sabes como se chama este obxecto?...


Crebanoces.


Esta palabra chámase composta porque está formada por dúas: creba + noces.

Preme na fotografía para coñecer e formar máis palabras deste tipo.

ÁNGULOS

"Toda clase de cosas..., todas las que empiezan con M..."
Así continuaba o conto que narraba o Leirón. Fíxate na letra M. Cando se cruzan as liñas forman ángulos.

Sabías que hai tres tipos de ángulos?

Preme na fotografía para ver a clasificación e facer actividades.

domingo, 3 de abril de 2011

TRASLACIÓN

Alicia e os seus amigos siguen tomando o té nunha merenda de tolos. Agora van cambiar a súa situación na mesa: o Sombreireiro avanzará unha silla, o Lirón ocupará o sitio do Sombreireiro, a continuación sentará Lebre de Marzo e por último Alicia ocupará a silla que deixa a Lebre. Todos eles fixeron unha traslación, é decir, trasladáronse un posto.

Se premes na fotografía, atoparás un debuxo nunha cuadrícula. Serías capaz de trasladalo un cadro á dereita? Inténtao.

CONOS, CILINDROS E ESFERAS

Sobre a mesa onde Alicia, a Lebre, o Lirón e o Sombreireiro toman o té, hai tazas, teteiras, azucreiros, pasteliños, doces...

Se che poño varios detalles de elementos da mesa, saberías decir a que corpo redondo se parece? Proba premendo na fotografía.

Tamén aproveitaremos para repasar as horas no reloxo dixital e analóxico.

CORPOS REDONDOS

Alicia xa está coa Lebre de Marzo e o Sombreireiro tomando o té.

Fíxate no sombreiro de copa do Sombreireiro. Que forma ten?

Ten forma de cilindro. O cilindro é un corpo redondo. Preme na fotografía para descubrir outros corpos redondos.

SIMETRÍAS

O Gato de Cheshire aparecía e desaparecía cosntantemente. Imaxínaste como podía ir difuminándose a súa cara? Comezaría a desaparecer por un extremo do seu sorriso, un ollo, metade do fuciño... continuando ata o outro extremo da cara.

Se temos en conta que a súa cara é simétrica, poderías reconstruír a metade que desapareceu? Preme na fotografía para intentalo.