Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!

lunes, 25 de abril de 2011

PRONOMES PERSOAIS

Esta é a Biblioteca de Laxe. Imos ler na prensa dixital unha noticia sobre ela e veremos como moitos nomes poden substituírse por pronomes persoais.

Preme na fotografía e verás o enlace para entrar nesta nova da Voz de Galicia.

PRACTICANDO A DIVISIÓN POR DÚAS CIFRAS



"Alicia pensó que nunca había visto un campo de croquet más curioso: estaba lleno de zanjas; erizos y flamencos vivos hacían de bolas y mazos..."

Esta é unha maneira moi curiosa de xogar ó croquet. Imos repartir logo os flamengos e ourizos entre os xogadores. Lembras que xa aprendemos a dividir por dúas cifras? Se aínda non estás moi seguro repasa os apuntes do día anterior.

Preme na fotografía para facer a tarefa de hoxe.

DIVISIÓNS POR DÚAS CIFRAS

Todos os naipes que compoñían a baralla, o Coello Branco e Alicia van xogar unha partida de croquet. Para iso é necesario facer equipos, así que teremos que repartir...

...xa sei que sabedes facer divisións por unha cifra, pero por dúas?

Preme na fotografía e imos aprender.

GRÁFICOS: RECOLLIDA E REPRESENTACIÓN DE INFORMACIÓN

"Primero llegaron diez soldados, tenían la misma forma que los tres jardineros; luego venían diez cortesanos, todos adornados de diamantes; seguían los infantes, diez en total..."

Así enumera o autor a comitiva real que acompañaba á Raíña de Corazóns. Imos seleccionar a información que precisamos para saber que persoas formaban a comitiva e cantas eran de cada grupo. Logo representaremos os datos nunha gráfica.

Preme na fotografía para saber como se fai unha táboa de datos e unha gráfica de barras.

lunes, 18 de abril de 2011

Oleiros de Buño

O día 29 de marzo, Pepe e Xulio, dous oleiros de Buño visitaron o noso colexio e explicáronnos como se traballaba co barro. Deixáronnos usar o torno e cuns moldes fixemos unhas figuriñas para levar para casa. Foi un obradoiro moi entretido. Grazas á ANPA pola iniciativa e colaboración.

miércoles, 13 de abril de 2011

VALOR DA POSICIÓN DAS CIFRAS

Sete, Cinco e Dous manteñen unha conversa disparatada mentras pintan as rosas dunha roseira.

Sabías que esas cifras (7, 5 e 2) poden ter distinto valor según a súa posición nun número?

Non é o mesmo ocupar o lugar das unidades que o das centenas de millar.

Preme na fotografía para lembrar a posición das cifras e a lectura dos números. Tamén poderás repasar outros conceptos: rectas, azar e probabilidade, polígonos, ángulos, perímetro...

MEDIMOS ÁNGULOS

"Uno de los árboles tenía una puerta que conducía directo a su interior."

Saberías localizar os ángulos dunha porta? E se está aberta, poderías indicar que ángulo forma?

Preme na fotografía e coa axuda do transportador aprenderás a medir ángulos.