Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!

martes, 31 de mayo de 2011

LEMOS A PRENSA

O proxecto "Saboreando Galicia desde Muxía" logra unha excelente acollida.

Este é o titular dunha noticia que saiu onte no xornal "La Voz de Galicia". Imos lela para averiguar que tipo de proxecto é, quen colabora nel e quen pode participar.

Ademais, localizaremos verbos e preposicións. Preme na fotografía para ter toda a información que precisas. Se queres acceder directamente ó xornal dixital, preme aquí.

ANTEPRETÉRITO E FUTURO

Lembras que onte aprendimos a conxugar o presente, copretérito e pretérito? Pois hoxe continuaremos co antepretérito e futuro.

Preme na fotografía. Utilizando unha estrofa do poema "No Monte Corpiño" conxugaremos un verbo e localizaremos adxetivos e contraccións.

PROBLEMAS

A Falsa Tartaruga explícalle a Alicia como se baila unha danza característica do seu mundo. No baile poden participar tartarugas, salmóns, focas... e cada un destes animais deberá ter como parella a unha langosta.

Sabendo as tartarugas, salmóns e focas que hai, poderías calcular cantas langostas deben bailar? E o total de bailaríns? Se algún abandona a danza por cansancio... saberías decir cantos quedan?

Estas e outras cuestións poderás solucionalas premendo na fotografía.

domingo, 29 de mayo de 2011

A CONXUGACIÓN VERBAL

Seguimos traballando cos verbos. Imos aprender a conxugalos en presente, copretérito, pretérito...


Pero antes diso faremos un ditado. Ollo coas faltas de ortografía! Ten coidado co "h".


Cando rematemos o ditado, premeremos na fotografía para corrixilo e facer as actividades de hoxe.

UN REPASIÑO

Na escola da Falsa Tartaruga ían a clase 10 horas o primeiro día, 9 o segundo, 8 o terceiro e así sucesivamente...

Saberías calcular cantas horas irían á escola durante 10 días?


Fixácheste na forma dos polígonos do ventre da Tartaruga? Como se chaman? Poderías calcular o seu perímetro se sabes a medida dun lado?


Estas e outras actividades as atoparás premendo na fotografía.

jueves, 26 de mayo de 2011

OPERACIÓNS CON NÚMEROS

A Falsa Tartaruga cóntalle a Alicia a súa experiencia na escola e fálalle das clases e do que aprendía nelas, como as distintas ramas da aritmética: Ambición, Distracción, Multicomplicación e Diversión.


Saberías decir a que operacións se refire a Falsa Tartaruga?


Preme na fotografía e poderás averiguar algo máis.

lunes, 23 de mayo de 2011

NO MONTE CORPIÑO

Esta fotografía mostra unha vista de Muxía desde o alto do Monte Corpiño. Esta mole de granito inspirou a Gonzalo López Abente para escribir un poema: "No monte Corpiño".


Durante varios días imos traballar con este poema. Hoxe, para empezar, copiarémolo mediante un ditado e localizaremos os verbos para averiguar en que tempo están. Preme na fotografía para facer as actividades.