Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!

domingo, 14 de noviembre de 2010

O TIL NAS PALABRAS GRAVES

Introduciuse pola cova pero tan só viu algunhas estrañas columnas, correntes de auga, serpes e curuxas...
Quen cres que se introduciu na cova? E...onde estaba esa cova?
Preme na fotografía para saber algo máis desta lenda. Por certo! hoxe aprenderemos a poñer til nas palabras graves e repasaremos os sufixos.

2 comentarios:

  1. Hola:Gústame o teu blogue,penso que é unha boa forma de interacionar cos nenos e as novas tecnoloxías e implicalos ainda máis e a forma de traballar por proxectos mola.Xa me tes de seguidora!! e como este ano dou as linguas aprovechareime dos recursos que vas poñendo...as confianzas...é o que ten!!
    Saudos e apertas da profe de "jinasia"

    ResponderEliminar
  2. Benvida a este blog, peke. Encantada de seguir en contacto contigo. Aproveita todo o que che resulte útil xa que este recurso é para compartir.

    ResponderEliminar