Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!

jueves, 30 de diciembre de 2010

lunes, 27 de diciembre de 2010

GATO DE CHESHIRE E DODO


Así fixemos outros dous personaxes da novela de "Alicia en el País de las Maravillas". Nas clases de Plástica, utilizando distintos materiais e técnicas elaboramos un collage para representar o lago no que Alicia falou co Dodo, e unha marioneta do Gato de Cheshire.
Preme no vídeo para ver o noso traballo.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

COELLO BRANCO


En clase de plástica estamos elaborando os personaxes do conto de Alicia.
Queres ver como quedaron os nosos Coellos Brancos?...

Pois preme no vídeo!

LIÑAS RECTAS E CURVAS



O Rato comezou a contar unha "historia longa e con cola", como a da fotografía.
Daste conta que esa cola é unha liña curva?
Preme na fotografía para aprender a diferenciar as liñas rectas das curvas.

A DIVISIÓN

Finalizada a carreira, o Dodo dixo que habería premios para todos. Alicia será a encargada de repartilos. Sabes que premio lle vai tocar a cada un?
Preme na fotografía para averigualo. Lembras que operación vai asociada co reparto?

SUBSTANTIVOS INDIVIDUAIS E COLECTIVOS

Que ves na fotografía?... Efectivamente, un rabaño de ovellas.
A palabra ovella é individual, sen embargo a palabra rabaño é un substantivo colectivo.
Comecemos cun ditado para aclarar estes conceptos.
Preme na fotografía para descubrir máis substantivos individuais e colectivos.

O APALPADOR

Coñeces a este personaxe? É o Apalpador ou Pandegueiro, que nas datas de nadal achega agasallos ós nenos.
Esta figura lendaria galega, é típica da montaña ourensá.
Paréceche que é un ser "doutros mundos"?
Preme na fotografía para averiguar algo máis sobre el, e de paso aproveitaremos para repasar algúns conceptos.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

ELEMENTOS DO CÍRCULO E CIRCUNFERENCIA

"Primero marcó la pista para la carrera, en una especie de círculo y luego todos los asistentes se fueron colocando aquí y allá, a lo largo de la pista".
Imos aproveitar esta lectura para estudar con calma os elementos da circunferencia e o círculo.
Preme na fotografía para aprender algo sobre eles.