Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!

miércoles, 8 de diciembre de 2010

O APALPADOR

Coñeces a este personaxe? É o Apalpador ou Pandegueiro, que nas datas de nadal achega agasallos ós nenos.
Esta figura lendaria galega, é típica da montaña ourensá.
Paréceche que é un ser "doutros mundos"?
Preme na fotografía para averiguar algo máis sobre el, e de paso aproveitaremos para repasar algúns conceptos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario