Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!

jueves, 16 de septiembre de 2010

O TEMPO


A onde vai o noso coello con tanta présa? E...por que vai Alicia tras del? Que leva na man? Un reloxo!!! Creo que chega tarde a algures. O tempo...bueno, pois por aí imos comezar nas Matemáticas, polo estudo do tempo: os anos, días, semanas, meses...e logo continuaremos polas unidades máis miudas: horas, minutos e segundos.
Preme na fotografía para ler o comezo da historia de Alicia e resolver algunhas cuestións sobre o tempo.

1 comentario:

  1. Que lindo coelliño! Este si que é un bo comezo...! E moi filosófico, o do tempo...

    ResponderEliminar