Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!

lunes, 20 de septiembre de 2010

OS SÉCULOS E AS DÉCADAS

E Alicia seguía caendo, abaixo, abaixo, abaixo...
Tiña tanto tempo para pensar que imaxinou que atravesaría a Terra, tamén lembrou á sua gata Dina agardando que alguén se acordara de darlle un prato de leite na hora do te, canto a ía botar de menos! Sobre todo pola noite...
O tempo...sempre o tempo. Cantos anos pode ter Alicia? E a súa gata?...Poderémolo expresar en décadas? Imos intentalo. Preme na fotografía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario