Será mellor que repasemos con Alicia a táboa de multiplicar. Preme na fotografía e... a facer cálculos!
Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!
martes, 26 de octubre de 2010
MULTIPLICAMOS
"Alicia recogió el abanico y los guantes y se puso a pensar que todo lo que estaba pasando era muy enrevesado. "A ver si se todas las cosas que sabía antes. Veamos: cuatro por cinco, doce, y cuatro por seis, trece, y cuatro por siete..."
AS PALABRAS AGUDAS
A maioría dos pretendentes de Manfada eran rudos e afeitos a batallar e gañaron as súas posicións grazas ás guerras, traizóns e asasinatos...
Hoxe aprenderás algo máis sobre a Lenda do Rei Cintolo e tamén saberás por que levan til algunhas palabras agudas.
Preme na fotografía e poderás facer a tarefa de hoxe.
lunes, 25 de octubre de 2010
LENDA DO REI CINTOLO
UNIDADES DE CAPACIDADE
sábado, 16 de octubre de 2010
UNHA MÁIS DE SÍLABAS TÓNICAS
Imos pensar no que nos quere transmitir. Dialogaremos un ratiño sobre iso e logo, premendo na fotografía, atoparemos actividades para seguir practicando coas palabras agudas, graves e esdrúxulas. Ademais, poderás inventar refráns.
PALABRAS AGUDAS, GRAVES E ESDRÚXULAS
INVENTAMOS UNHA LENDA
PRACTICANDO COA BÁSCULA
RESOLVEMOS PROBLEMAS CON UNIDADES DE PESO
O PESO
"Poco después descubrió una cajita de cristal que había bajo la mesa: la abrió y halló en ella un minúsculo pastelillo sobre el que se leía la palabra "CÓMEME"."
Canto pesaría ese trociño de pastel que atopou Alicia na caixa?... E os ingredientes que se utilizaron para facelo?
Canto poden pesar 6 pasteis como este?
Para averigualo, preme na fotografía.
martes, 12 de octubre de 2010
ORDENAMOS MEDIDAS DE LONXITUDE
PROBLEMAS CON MEDIDAS DE LONXITUDE
Neste plano aparece situada a casa de Alicia, a entrada do tobo e a sala na que caeu dentro da gorida.
Fíxate que tamén están as distancias entre cada punto.
Saberías calcular a distancia en metros desde a casa de Alicia ata a sala da gorida?
Resolve esta e outras actividades premendo na fotografía.
AS SÍLABAS
domingo, 10 de octubre de 2010
APRENDENDO COA LENDA DA BUSERANA
Retomemos a lenda de Florinda e Buserán. Primeiro faremos un ditado para refrescar a memoria e logo analizaremos algúns substantivos, clasificarémolos e separarémolos en sílabas.
Por certo... lembras como se chama a sílaba que soa máis forte dentro dunha palabra?
Preme na fotografía do trobeiro e verás as actividades de hoxe.
TRANSFORMAMOS UNIDADES DE LONXITUDE
domingo, 3 de octubre de 2010
LENDA DA BUSERANA
REFORZANDO GALEGO
Imos darlle un repasiño ós conceptos que levamos estudados desde que comezamos o curso: a clasificación dos substantivos, prefixación e sufixación, os aumentativos, diminutivos e despectivos, os sinónimos e contrarios...sen esquecer, por suposto, a importancia das normas e a riqueza dos nosos ditos populares e refráns.
Preme na fotografía e... mans á obra!
sábado, 2 de octubre de 2010
SINÓNIMOS E CONTRARIOS
A LONXITUDE
"...descubrió una cortina baja que no había notado antes, y detrás había unha puertecita de unos cuarenta centímetros de altura."
Aquí está a curiosa de Alicia buscando unha porta para saír da sala na que apareceu despois de caer no tobo. Ti sabes canto son 40 cm? E... atreveríaste a expresar esa lonxitude noutra unidade?
Coñeces as unidades de lonxitude? Preme na fotografía e imos darlles un repaso.
REPASAMOS
OS RELOXOS DIXITAIS
Parece máis complicado que o reloxo de agullas, pero non o é.
Todo é cuestión de práctica. O Coello Branco non tiña reloxo dixital porque na época en que viviu o autor de "Alicia" (1832-1898) non os había. Sin embargo os tempos mudaron e agora debemos acostumarnos á súa lectura.
Preme na fotografía para saber algo máis sobre eles.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)