Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!

sábado, 16 de octubre de 2010

UNHA MÁIS DE SÍLABAS TÓNICAS

"A castaña que está no camiño, é do veciño"
Coñecías este refrán?
Imos pensar no que nos quere transmitir. Dialogaremos un ratiño sobre iso e logo, premendo na fotografía, atoparemos actividades para seguir practicando coas palabras agudas, graves e esdrúxulas. Ademais, poderás inventar refráns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario