Ola a todos e grazas por visitarme neste blog. Presentareime: son Alicia, o personaxe creado por Lewis Carroll para a súa novela "Alicia en el país de las maravillas". Da man deste inxenioso escritor vivín unha aventura moi especial, e agora quero servirvos de guía na aventura que ides comezar..."4º de Primaria". Sei que pasaremos ratos agradables e aprenderemos moitas cousas xuntos, así que...mergullémonos neste país marabilloso da escola!
martes, 12 de octubre de 2010
PROBLEMAS CON MEDIDAS DE LONXITUDE
Neste plano aparece situada a casa de Alicia, a entrada do tobo e a sala na que caeu dentro da gorida.
Fíxate que tamén están as distancias entre cada punto.
Saberías calcular a distancia en metros desde a casa de Alicia ata a sala da gorida?
Resolve esta e outras actividades premendo na fotografía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario